Réplicas de manuscritos

Queres saber como crear réplicas dos manuscritos do Padre Feijoo?
É moi sinxelo!
Os alumnos de bioloxía de 3º da ESO explícannos como facelo. Tan só é preciso seguir estes cinco pasos:
  1. Engadimos posos de café, café e auga nunha cubeta de plástico.
  2. Introducimos trozos de cartulina tendo coidado que non se ablande en exceso.
  3. Deixamos secar durante varias horas.
  4. Limpamos o papel e escribimos con coidado os textos.
  5. Baixo a supervisión da profesora, queimamos os bordes para lograr unha apariencia antiga.
E velaquí o resultado!





 As réplicas están expostas no hall do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario